martes, 24 de noviembre de 2015

Obradoiro de conservación dos productos de temporada.

O pasado 18 de Novembro recebimos a visita dos alumnos de primeiro e segundo de ESO de FONTEBOA. Ademáis de realizar unha visita polos cultivos dos invernadoiros tamén nos puxemos mans á obra para realizar unha boísima mermelada de Kiwi. O principal obxetivo era darlle a conocer ós alumnos as distintas formas de conservación dos productos de temporada, para así poder disfrutar deles durante todo o ano.

Arrancamos o Obradoiro!!! 


O primeiro que fixemos foi prepararnos para elaborar a mermelada, e para iso puxemos os apropiados guantes e mandiles.
A continuación realizouse unha breve explicación sobre os conservantes naturais e métodos de conservación caseiros, do cal tomamos boas anotacións!!
Agora toca poñerse a traballar para pelar e trocear os kiwis, canto máis maduros mellor. Unha vez troceados, pesámolos e engadimos a cantidade de azúcar correspondente.
Deixamos a mermelada de kiwi ó lume e visitamos os invernadoiros, observando os diferentes cultivos e tomando nota. Posteriormente tamén realizamos conserva de Acelgas!!!
A seguinte actividade foi degustar distintas mermeladas feitas na casa, como a mermelada de moras, kiwi, pexego, membrillo...
Por últimos, coa mermelada xa lista, enchemos os tarros e puxémolos ó baño maría.

Gracias pola visita!!!!